A cidade de Nova York componse de cinco boroughs (literalmente burgos, traducido como distritos); cada un ten case as mesmas atribucións que un condado, pero os seus gobernos desapareceron cando se consolidou a cidade en 1898.
O termo borough adoptouse para describir unha única forma de administración gobernamental para cada unha das cinco partes constituíntes da recentemente creada cidade. Tecnicamente, segundo a Lei do Estado de Nova York, un borough é unha corporación municipal que se crea cando un condado pasa a formar parte dunha cidade. Isto difire significativamente das definicións típicas de borough utilizadas en Connecticut, Nova Jersey, Pensilvania e Alasca, entre outros.
Á cidade de Nova York tamén se lle coñece en inglés como the five boroughs. Esta frase é usada para referirse a Nova York como cidade e evitar confusións coa área metropolitana de Nova York. Ademais, é utilizada frecuentemente polos políticos para facer énfase na existencia de cinco divisións e evitar o centralismo de Manhattan.